Como consecuencia da crise sanitaria creada polo COVID-19 e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia sobre a adopción de medidas preventivas que contribúan a frear a propagación do coronavirus entre a poboación, o Concello de Carballo vén de adoptar as seguintes medidas en relacion ao funcionamento da recollida de lixo, que se manterán mentres a situación así o aconselle e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes.
A xestión axeitada dos residuos domésticos é máis importante que nunca, polo que che pedimos que tomes boa nota destas recomendacións do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Medio Ambiente:
Fogares con positivos ou en corentena por COVID-19:
Os residuos do paciente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), hanse de eliminar nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.
A bolsa de plástico (BOLSA 1) debe pecharse adecuadamente e introducila nunha segunda bolsa de lixo (BOLSA 2), á beira da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.
A BOLSA 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (BOLSA 3) correspondente ao cubo de fracción resto. A BOLSA 3 tamén se pechará adecuadamente. Inmediatamente despois realizásese unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.
A BOLSA 3 depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto1, estando terminantemente prohibido depositala nos contedores de recollida separada de calquera das fraccións separadas (orgánica, envases, papel, vidro ou téxtil) ou o seu abandono na contorna.
Manexo domiciliario dos residuos en fogares sen positivos ou corentena:
No caso dos fogares sen positivos nin en corentena, a separación dos residuos realizarase como vén facéndose habitualmente.
Co fin de reducir ao máximo a fracción resto que chega as plantas de tratamento, convén lembrar a importancia de optimizar a recollida separada das distintas fraccións (papel/cartón, vidro, envases, orgánica no seu caso), e depositar nos seus contedores unicamente os residuos correspondentes a tales fraccións.
Lembramos que as luvas de latex ou nitrilo empregados para facer a compra ou outros usos NON son envases e por tanto non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo).
Colector verde: materia orgánica e outros restos
Si: Materia orgánica, calzado, roupa, xoguetes, cueiros, Cd’s, louza, restos de flores e plantas, papel de cociña usado, etc.
Non: Restos que pertenzan a outro tipo de colector.
HORARIO DEPÓSITO: De 20 a 21.00 h.
Deposítase en bolsa de plástico ben pechada.
Para evitar malos olores, procura respectar os horarios cada vez que saques o lixo.