Limpeza viaria

Traballadores da concesionaria Aspaber UTE

No noso concello é Aspaber UTE, a empresa dependente deste Centro Especial de Emprego, a que desempeña as labores de limpeza viaria despois de ter gañado no seu día o concurso para tal fin.

Na actualidade esta experiencia serviulle a este centro de referencia en Galicia para captar máis servizos noutros concellos, co cal se cumpre un obxectivo no que desde Carballo Limpo estamos moi ledos de colaborar.

Os traballadores e traballadores desta concesionaria desempeñan os seus cometidos cunha grande profesionalidade o que fai que o obxectivo de ter un Carballo Limpo sexa moito máis fácil de conseguir.

T 981 756 360 / 647 763 276 - aspaberute@aspaber.com