Punto limpo móbil

PUNTO LIMPO MOBIL

Este Punto Limpo Móbil funciona coma un servizo de recollida gratuíta a domicilio dos residuos que se deberían depositar no Punto Limpo. 

Con este servizo poderemos desfacernos comodamente, sen movernos da casa, daqueles residuos que, polas súas especiais características, non son aptos para depositar nos espazos habituais de recollida: mobles vellos, restos de madeira, electrodomésticos, chatarra ou metais...

É preciso avisar por teléfono o día anterior e depositar os enseres a carón do colector máis cercano durante a noite do martes.   

T 981 754 917


HORARIO RECOLLIDA PUNTO LIMPO MÓBIL
Todos os mércores, de 7 h a 13.40 h. 

Lembra avisar e depositar os enseres con anterioridade.


PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALCIA 2014-2020






Residuos recollidos ano 2020

O Concello de Carballo recibiu unha axuda a tal efecto dentro do capítulo 1º: adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes na nosa Comunidade Autónoma, para a xestión de residuos especiais de competencia municipal; da liña 1ª: actuacións destinadas a favorecer a prevención, adecuada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos domésticos; da ORDE do 5 de maio de 2020 (D.O.G. Núm. 92, do 13 de maio de 2020) – Axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinaciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 – Código de procedemento MT 975I.

Co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e cofinaciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014‐2020 – Código de procedemento MT 975I.




Obxetivos e Resultados acadados na anualidade 2020:

Máis de 100.000 quilos de residuos e milleiros de obxectos de todo tipo procedentes dos fogares carballeses. No ano 2020, recolléronse 764 televisores, é dicir, dous ao día. A cifra total de aparellos eléctricos foi de 2.793, o que supón que cada día tiramos ao lixo 7 electrodomésticos, aos que se suman 764 frigoríficos e conxeladores.