Compostaxe

Compostaxe Caseira

A compostaxe caseira consiste no uso do sistema de compostaxe para poder reciclar os restos orgánicos que producimos nas nosas vivendas sen ter que tiralos ao lixo. Este método converte os restos de comida en compost que despois se pode aproveitar como fertilizante. Este é un proceso que está máis que probado e que non ten porque producir molestias nin malos olores se se realiza da forma axeitada.

O concello de Carballo foi pioneiro en Galiza no uso deste sistema nas vivendas do rural e tamén an implantación da compostaxe urbana por medio de colectores pechados colocados na rúa e tratamento en planta de compostaxe.

Compostaxe Urbana

ti tes a chave 2019


“TI TES A CHAVE”
é un proxecto piloto en Galiza no que as vivendas da cidade se acollen ao “Voluntariado Marrón” e se comprometen a depositar so residuos sólidos urbanos nuns colectores específicos que se colocan na rúa e que están pechados con chave.

Este proxecto testeouse con grande éxito con 26 familias voluntarias do barrio da Milagrosa no ano 2017, au igual que nese pioneiro proxecto piloto, agora a cada familia participante se lle entregará unha chave coa que poden abrir os colectores marróns e depositar só restos de comida (só materia orgánica) dentro de bolsas compostbles que lle serán entregadas.

COMO PARTICIPAR

Todas aquelas vivendas que queiran participar poderán facelo, ben pasandose pola Casa do Concello e solicitando a súa alta, ou ben a través dos formularios online habilitados.

A todas as familias participants lles será entregado un KIT de participación que consistirá nun cubo aireado de 10 litros, tres packs de bolsas compostables, información do proxecto e UNHA CHAVE para poder ter acceso a depositar a materia orgánica no colector que estará colocado na rúa.

Atención, información e recollida de Kit: 

  • UTE Carballo  - Urbaser
Rúa Desiderio Varela, 34 Ptal. 15 Galerías. Horario: de luns a venres, de 10h a 14h


Si non a compostar

Compostaxe Rural Individual

Composteiro xa instalado e funcionando
Composteiro xa instalado e funcionando

Xa se levan instalados composteiros individuais en mais de 300 vivendas, que recibiron gratuitamente un composteiro e a formación e seguimento preciso para poñelo en funcionamento. No proxecto participan vivendas unifamiliares illadas e que o teñan solicitado no Plan de Compostaxe.

Carballo Limpo realizou unha entrega tutelada de cada un dos composteiros, poñendo persoal técnico que visitou varias veces as vivendas colaboradoras, o cal conseguiu acadar uns índices de produción de compost de calidade do 92%.

Desde o Concello considéranse moi importantes este tipo de iniciativas, por eso se engadiron no proxecto que está executando a empresas UTE Carballo, responsable da recollida de lixo. O reducir as toneladas de lixo que se leve a Sogama é un obxectivo de todo o equipo de Carballo Limpo, por iso se está a realizar unha ampliación continua deste servizo, podendo solicitar a participación neste proxecto calquera familia que conte cunha vivenda con terreo anexo, só ten que solicitalo na ligazón adxunta e pasar a formar pate da lista de agarda.

PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALCIA 2014-2020

O Concello de Carballo recibiu unha axuda a tal efecto dentro do capítulo 1º da liña 2ª: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos da ORDE do 5 de maio de 2020 (D.O.G. Núm.92, do 13 de maio de 2020) – Axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinaciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014‐2020 – Código de procedemento MT 975I.

Co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e cofinaciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014‐2020 – Código de procedemento MT 975I.

Obxetivos e Resultados acadados na anualidade 2020:

  • Instalación de 150 composteiros en vivendas do medio rural
  • Ampliación de 500 vivendas adheridas ao programa Ti Tes a Chave da Fracción Orgánica no casco urbano
  • Reparto de 12.000 bolsas compostables entre a cidadanía
  • Visita de captación de grandes produtores

Na anualidade 2020, recolleronse un total de 147.200 quilos de residuos da fracción orgánica, o que significa que o programa de compostaxe urbana está a dar bo resultado e permítenos seguir avanzando cara o obxectivo europeo de reciclar o 50% dos residuos.


Actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financia

Axudas concedidas o abeiro da Orde do 30 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K)

Descargas

Vídeos