Punto limpo

Punto limpo

CENTRO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS VOLUMINOSOS E PERIGOSOS

Neste espazo pódense depositar os residuos voluminosos do fogar, electrodomésticos, residuos perigosos e todo tipo de residuos, agás a materia orgánica.  

Residuos Periogosos do Fogar: Tubos fluorescentes, lámpadas, cristais ou espellos, pinturas, disolventes e vernices, aerosois, aceite de cociña usado ou de motor, productos limpadores, material de equipos informáticos, como cartuchos de tinta...

Electrodomésticos: Televisores, refrixeradores, frigoríficos ou aparatos de aire acondicionado con compoñentes CFC, lavadoras, termos...

Residuos Voluminosos: Mobles e trastes vellos, sofás, portas, persianas, chatarra e metais, madeira e restos de poda, pneumáticos, sanitarios e pezas de baño, cascallos de obra ou reforma...

Recollida Selectiva Habitual: Papel e cartón, vidro, envases lixeiros e materia inerte, pilas e baterías.

Mini punto Limpo: O servizo de Minipuntos limpos de Carballo, coa ampliación do servizo na Rúa Vázquez de Parga, conta con tres novos minipuntos limpos. Concretamente os instalados na Rúa Perú á beira do Centro Comercial e na Rúa Fomento, localizacións todas elas escollidas dado o tránsito de peóns destes lugares.

Grazas a estes Minipuntos facilítaselle á veciñanza o correcto depósito de ate sete modalidades distintas de residuos para a súa correcta reciclaxe: pilas convencionais, alcalinas, de petaca e de botón; teléfonos móbiles e baterías; CDs e DVDs; cartuchos de impresora de inxección; ademais de lámpadas de baixo consumo e residuos eléctricos ou electrónicos.


Este é o lugar máis axeitado para levar os residuos  que non sabemos onde deben depositarse.  

T 981 754 917 / 981 704 100 - Twiter@CarballoLimpo

Polígono Industrial de Bértoa, 1500 Carballo 
Ver en Google Maps

HORARIO RECOLLIDA
PUNTO LIMPO
Xoves e sábados, de 10h a 13.00 h e de 16 h a 19.00 h.