Ti tes a chave

CAMPAÑA DE VOLUNTARIADO VERDE DE CARBALLO

Cartaz Ti tes a chave

Estimado/a veciño/a do Barrio da Milagrosa,

Desde Carballo Limpo seguimos a experimentar novas fórmulas para conseguir un concello sostible e concienciado cun medio cada vez máis coidado.

“TI TES A CHAVE” é un proxecto piloto en Galiza no que se busca que un grupo de “Voluntariado Verde” se comprometa a depositar so residuos sólidos urbanos nuns colectores específicos que se colocarán na rúa e que estarán pechados con chave. Aos voluntarios/as que decidades participar no proxecto entregaráselle unha chave coa que poderá abrir uns colectores e depositar só restos de comida (só materia orgánica) dentro de bolsas biodegradables que se vos entregarán. Os obxectivos principais deste proxecto piloto son:

  • Analizar a implicación dos veciños e veciñas do Barrio da Milagrosa.
  • Analizar a calidade dos residuos depositados para poder acometer proxectos posteriores de valorización dese residuo.
  • Analizar a posibilidade de ampliar este proxecto a outros barrios.
  • Analizar a posibilidade de que as persoas que mellor reciclen teñan no futuro algún tipo de incentivo.

Para participar tes que ter a túa vivenda no Barrio da Milagrosa e anotarte antes do 30 de novembro no 981 75 49 17 ou en info@carballolimpo.com. Só nos tes que indicar o teu nome, o teu enderezo e un teléfono de contacto.

Desde Carballo Limpo queremos darche as grazas pola túa colaboración en conseguir que Carballo sexa Un Bo Lugar para Vivir.