En 2018 instalouse en Carballo un novo sistema no que os colectores están situados na vía pública, o que permite que poidan ser utilizados os 365 días do ano e as 24 horas do día.
No ano 2019, segundo os datos que nos facilita o xestor autorizado que presta o servizo, a veciñanza do noso concello depositou nos colectores específicos un total de 13.560 quilos de aceite de cociña usado, o que permitiu evitar a contaminación de 14.916.000 litros de auga.
Localización de colectores
No rural:
Razo (fronte ao Cordobés)
Noicela (Pedra do Sal)
Berdillo (xunto á igrexa)
Artes (Feira de Berdillo)
Sísamo (Local social)
Na cidade:
Rúa Vila de Corme esquina rúa Vázquez de Parga, rúa Dr. Fleming esquina rúa Baixa, rúa Luis Calvo (Estación de autobuses), Avda Milagrosa esquina con rúa Finisterre, rúa Xosé Manuel Eirís esquina Avenida de Bértoa (xunto aos supermercados), Avenida do Ambulatorio, rúa Baixa (zona centro comercial), Álvaro Cunqueiro (fronte á piscina), Perú (esquina rúa Estrela), Coruña (cruce con Desiderio Varela), nas dúas entradas do Mercado Municipal pola Gran Vía e pola Praza do Concello, Gran Vía esquina Rosalía de Castro, Vila de Ordes no cruce con Vila de Noia, Avenida de Bergantiños esquina Vila de Laxe, Avenida da Milagrosa (rotonda), Avenida de Fisterra (zona da ponte de Isabel II), Rúa Ponte esquina Vitoria, Praza da Cruz Vermella, Fórum Carballo e Rúa Papoula. Todos, agás o da Gran Vía con Rosalía de Castro.
Nas concellarías de Medio Ambiente e Obras e Servizos estamos a traballar para seguir extendendo o servizo en función da demanda. A recollida nos novos colectores vai dirixida aos fogares.
As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas. Para facilitar o depósito, desde o Concello de Carballo ofrecemos á veciñanza funís adaptables ás botellas que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, tanto na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente) coma na oficina da empresa concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, UTE Carballo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34 – Local 15).
Para grandes consumidores profesionais, desde o Concello de Carballo ofrécese a posibilidade de participar cun sistema de recollida individualizado. As empresas e/ou establecementos de restauración que teñan interese en participar poden poñerse en contacto con Carballo Limpo chamando ao 981 109 024 ou a través da web www.carballolimpo.com.