Control de pragas

Loita contra a velutina

Servizo Municipal de Control de Pragas

O Concello de Carballo foi pioneiro en Galicia na contratatación dun servizo específico para o control e a retirada dos niños de velutina. Á vista da magnitude do problema, e ante a insuficiencia de medios da Xunta de Galicia, o goberno municipal de Carballo optou por afrontar directamente o problema, aínda asumindo unha competencia que corresponde á Administración Autonómica. 

Durante o ano 2019, o Servizo Municipal de Control de Pragas contou coa colaboración de 58 persoas, o que permitiu colocar 737 trampas e capturar 12.511 raíñas

Se queres colaborar coa campaña, podes pedir a túa trampa de xeito gratuíto nas oficinas da empresa concesionaria ou mediante o seguinte formulario de solicitude online

Extrema as medidas de precaución nos sectores forestal e/ou agrario, seguindo estes consellos:

  1. Antes de empezar a traballar, realizar un recoñecemento da parcela para comprobar que non existen niños. É frecuente que aparezan entre as silveiras.
  2. Se atopas un niño de velutina non te achegues nin lle toques, porque se sentirán atacadas. Chama ao 012 ou ao 112 para que acudamos a retiralo.
  3. No caso dun ataque fuxe o máis rápido posible e intenta refuxiarte nalgún lugar pechado coma o coche, protexe a cara e a parte de atrás do pescozo (teñen tendencia a picar nesa parte do corpo) e non fagas movementos bruscos. Se a atacada é outra persoa non te achegues, chama rapidamente ao 112. E se es alérxico procura levar sempre contigo a medicación precisa.

As persoas que localicen un niño poden avisar nos teléfonos 012 e 112, ou chamar directamente ao servizo municipal de control de pragas ao 981 754 699. A retirada realizarase de xeito gratuíto nun prazo de 24-48 horas.

Control de pragas

Servizo Municipal de Control de Pragas

O Servizo Municipal de Control de Pragas é realizado pola empresa carballesa Plaguiber, empresa que ten como cometidos : 

- Control de alimañas na rede de alcantarillado e sumidoiros, así como en superficie.
- Desinfeccións periódicas dos edificios públicos.
- Accións puntuais de outro tipo de pragas, tales como palomas, abellas, ...
- Identificación e marcaxe das zonas tratada por medio de adesivos que se poden ver nas diferentes ruas e establecementos públicos. 

Avisos 981 75 46 99 / 981 704 100   

Entre tod@s é máis sinxelo, colabora.

Ligazóns

Descargas